Banco Médico Farmacéutico de Galicia y el Concello de Silleda sensibilizan a la población sobre la importancia de la detección precoz y la investigación del Cáncer de Mama

Voluntariado Senior 2020


En Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia hoxe nos despedimos dos 7 voluntarios e voluntarias que formaron parte do programa "Acompañándote" levado a cabo dende a entidade. Durante os últimos 60 días as persoas voluntarias realizaron labores coma atención e acompañamento telefónico a persoas maiores, campañas de sensibilización sobre a importancia da prevención e a investigación na loita contra o cancro, campañas de difusión de información sobre os servizos de pago de medicamentos, tratamentos e audífonos e gafas graduadas para as persoas en situación de pobreza a exclusión (especialmente para as persoas maiores). Estas actividades leváronse a cabo en diferentes municipios da zona do Saléns.

Dende Banco Médico Farmacéutico de Galicia queremos agradecer a estas persoas a súa colaboración e destacar a importancia do papel dos voluntarios e voluntarias, imprescindible para cumplir os nosos obxectivos e poder axudar a un maior número de persoas.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia financia través da ORDE do 8 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Senior, os custos de desprazamento e manutención destas 7 persoas.
Share by: