Que facemos

Que facemos

En Banco Médico Farmacéutico de Galicia garantimos que ningunha persoa en Galicia teña que renunciar á súa saúde por motivos económicos.
O Departamento de Traballo Social da entidade, en colaboración cos Servizos Sociais dos 313 concellos de Galicia, e en colaboración co SERGAS, son os/as encargados/as de avaliar cada caso concreto e valorar as necesidades en medicamentos tanto en tratamentos crónicos como agudos. 

O proxecto, apoiado constantemente nos profesionais do sistema público de saúde, trata de cubrir os tratamentos aos que as persoas atendidas pola entidade non teñen acceso. 

Colaboración

Fundación Banco Médico Farmcéutico de Galicia contará coa colaboración dos Servizos Sociais de Galicia, co sistema público de saúde da Xunta de Galicia, así como coa importante colaboración dos colexios farmacéuticos de Galicia, e por tanto, das farmacias. 

Como se pode pedir axuda?

Os/as pacientes que precisen axuda deberán dirixirse aos Servizos Sociais dos concellos cos que a entidade manteña convenio para solicitalo. Serán os propios Servizos Sociais, xunto co Comité Médico da entidade, os que, de acordo a uns criterios específicos, determinen se a persoa é apta para recibir o servizo.  

Se o/a paciente é aceptado/a como beneficiario/a da axuda, poderá dirixirse ás farmacias colaboradoras xunto co seu comprobante e o/a farmacéutico/a lle entregará os medicamentos sen cargo económico daqueles que sexan cubertos polo Banco Farmacéutico de Galicia.  

"Para levar a cabo este proxecto precisamos dunha cultura colaborativa"  

Share by: