A pobreza é o maior reto para todos os países do mundo, xa que representa en si mesma unha das vulneracións máis graves dos dereitos humanos.
En Galicia, segundo datos do ano 2017, a taxa de risco de de pobreza e exclusión social sitúase por enriba do 25%, o que significa que máis dunha cuarta parte da poboación da comunidade ingresa menos de 8.200 € ao ano, sufren carencia material severa ou viven en forgares azotados polo emprego ou a precariedade laboral.
A pesar da recuperación económica que vive Galicia nos últimos anos, a desigualdade social mantense en cifras similares– entre 2015 e 2017 a taxa de pobreza baixou 3 décimas, pasando de 25,7% a 25,4% -.
Outro dato que continúa sendo preocupante é a pobreza severa – familias que viven con 342 euros ao mes –. Esta situación afecta ao 4% da poboación galega (108.700 persoas).
No contexto actual de crisis económica que existe en Galicia, moitas destas familias non poden pagarse a parte que lle corresponde de aqueles tratamentos suxeitos a prescrición médica que precisan.
Estas persoas, vense moitas veces obrigadas a renunciar ao seu tratamento farmacolóxico, outras deciden espaciar as tomas para que o medicamento dure máis ou tan só poden permitirse aqueles medicamentos máis económicos.
Co obxectivo de axudar a estas persoas, nace Banco Médico Farmacéutico de Galicia. Unha idea que xorde a través da Fundación Amigos de Galicia, entidade prestadora de Servizos Sociais con número de rexistro E- 2199, declarada como entidade de interese galego (D.O.G. 23-11-1995).