Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia destina 11.616€ para o pago de material médico para a investigación contra o cancro en Galicia. Así se acordou nunha reunión celebrada onte entre os membros do Padroado Reitor de Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia, Paula Chapela Bamio, Miguel Villar Costoyas e Ramiro Varela Cives en Lamela- Silleda- co Xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e Director de ONCOMET, Rafael López López.