A Esclerose Lateral Amiotrófica, tamén coñecida como ELA, é unha enfermidade do sistema nervioso que afecta ás neuronas motoras do cerebro e da medula espiñal, que deixan de funcionar e de enviar mensaxes aos músculos o que ocasiona que se debiliten imposibilitando o movemento. Aos seus inicios, os afectados manifestan dificultade á hora de camiñar, escribir ou falar, pero co avance da enfermidade o paciente perde a forza ata que lle fallan os músculos do peito e non pode respirar. Carece de tratamento para a cura, e so hai medicación e tratamentos para sobre levar e paliar os síntomas e mellorar a calidade de vida dos e das pacientes.
Síntomas
- Problemas na deglutición e na fala: lentitude ao falar e articular palabras.
- Sensación de cansancio e pesadez nos músculos.
- Rixidez muscular ou calambres.
- Contraccións musculares (fasciculacións).
- Parálise
- Perda de peso.