LIPODISTROFIA

LIPODISTROFIA

A Lipodistrofia é unha das denominadas como "Enfermidades rasras"  caracterizada pola ausencia excesiva de tecido graso en certas partes do corpo, frecuentemente brazos, pernas ou cara. Pode ser xeralizada, cando está presente en todo o corpo; parcial ou local, cando a ausencia de tecido adiposo se concentra nunha zona concreta. 

 A súa orixe é xenética pero en moitas ocasións pode ser adquirida como consecuencia da inxesta de medicamentos coma retorivirales, insulinas ou corticoides. 

 As persoas que a padecen poden presentar deformidades, envellecemento prematuro ou síndromes autoinflamatorios. En moitas ocasións a lipodistrofia deriva en casos de diabetes que provocan pancreatites graves que poden ocasionar unha cirrose hepática. 

Na actualidade non existe cura para esta enfermidade pero si hai fármacos que axudan a paliar os síntomas, que tamén se suavizan cunha dieta cuidada e actividade física. 

Share by: