FIBROSE QUÍSTICA

FIBROSE QUÍSTICA

SÍNDROME DE HUNTER
A Fibrose Quística é unha das denominadas como "Enfermidades Raras" máis comúns. Trátase dunha enfermidade dexenerativa crónica de orixe hereditaria, que afecta principalmente aos pulmóns e ao sistema dixestivo. As persoas que a padecen precisan de atencións permanentes e deben recibir tratamentos e estar baixo control médico continuado. Nesta enfermidade é moi importante un diagnóstico precoz para garantir unha mellor calidade de vida. 

Nos últimos anos estase traballando por conseguir tratamentos de nova xeración que permitan frear o deterioro da enfermidade, aínda que na actualidade os tratamentos que mais abundan son de carácter sintomático mediante drenaxe bronquial, subministro de antibióticos para as infeccións respiratorias, análises pancreáticas, e vitaminas e suplementos calóricos para quenes padecen problemas dixestivos. 

Cando a enfermidade se atopa nun estado moi avanzado existe a posibilidade dun transplante pulmonar ou hepático. 

A vida media das persoas que padecen Fibrose Qística está entorno aos 35 anos mentres que a esperanza de vida é de 40 anos. 
Share by: