A Fundación Banco Médico Farmacéutico de Galicia traballa en colaboración coa Fundación GAES-Amplifón, para dar cobertura a todos/as os/as nenos/as galegos/as con dificultades auditivas e con familias en situación de dificultade económica.
Estímase que en Galicia, arredor de 520 persoas con discapacidade sensorial auditiva non poden facerse cargo do pago dos sistemas auditivos.
O obxectivo é que todos/as os/as menores poidan dispoñer dunha correcta calidade auditiva, para o cal se proporciona un estudio auditivo gratuíto, unha subvención de audífonos, pilas gratis e revisións auditivas trimestrais e anuais gratuítas.